O BNG DE TEO RECLAMOU NO PLENO MUNICIPAL O CUMPRIMENTO DA INICIATIVA XABARÍN
O PP de Teo vota en contra de máis contidos en galego para a infancia e a xuventude
O PP de Teo vota en contra de máis contidos en galego para a infancia e a xuventude
Teo, 23 de novembro de 2023.- O BNG de Teo presentou no Pleno Municipal de novembro unha moción para reclamar o cumprimento da Iniciativa Xabarín, unha proposta cidadá que demanda máis espazo para o galego nas canles públicas de televisión, tanto autonómicas como estatais. A iniciativa, que conta co apoio de máis de 33.000 persoas e foi aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, pretende garantir o dereito das nenas e dos nenos a acceder a contidos audiovisuais de calidade na súa lingua propia.

A moción do BNG solicitaba ao goberno municipal que instase á Xunta de Galicia e á dirección da CRTVG a executar o acordo do parlamento galego do 12 de maio de 2021, no que se comprometían a crear unha canle infantil e xuvenil en galego, así como a aumentar a oferta de programas en galego na canle principal. Tamén pedía que se reclamase á dirección de TVE que cumprise coa obriga legal de ofrecer a opción de ver os seus contidos infantís en galego ata os 12 anos, algo que non se está a facer na actualidade.
O BNG de Teo considera necesaria esta moción para defender o dereito das familias a elixir o galego como lingua de comunicación e de lecer, e para fomentar o uso e a normalización do galego entre a infancia e a xuventude. A concelleira Noelia Castaño sinalou que na actualidade "a programación infantil e xuvenil en galego é dun 0,83 % da dispoñible nas operadoras de televisión".
Neste contexto, o grupo nacionalista amosouse sorprendido polo voto en contra do PP de Teo, que argumentou que xa hai oferta de contidos en galego e que nun futuro a CRTVG ten previsto o lanzamento dunha plataforma, noticia que anuncian dende hai meses sen ver avances. Así, o BNG de Teo critica esta postura, que considera incoherente co apoio que o goberno municipal lle deu este mesmo mes á campaña de difusión do galego promovida por Alingua.
O BNG de Teo lamenta que o PP de Teo non sexa capaz de defender o galego nin de esixir o cumprimento das leis que o protexen.