O BNG de Teo presenta a candidatura para as eleccións municipais de maio
Néstor Rego, deputado no Congreso, e Iria Carreira, deputada no Parlamento, intervirán no acto de presentación
Teo, 29 de marzo de 2023.- O BNG de Teo celebra o acto de presentación de candidatura para as eleccións municipais de maio de 2023. O evento será este venres 31 de marzo ás 20:00 horas no restaurante Pórtico de Cacheiras.
No acto intervirá Noelia Castaño, número 2 na candidatura; Iria Carreira, deputada no Parlamento; Néstor Rego, deputado no Congreso; e finalmente, Eloi Devesa, candidato á Alcaldía en Teo.
O BNG presenta unha candidatura que aposta pola humanización do espazo público, que ofrece servizos públicos de calidade á veciñanza, que apoia a creación de emprego e do polígono industrial, que fomenta o asociacionismo, que atende á mocidade e á terceira idade, e que respecta o medio ambiente de Teo.
A candidatura está formada por Eloi Devesa (Lucí), Noelia Castaño (Reis), Óscar Antón Pérez (Cacheiras), Almudena Taboada (Cacheiras), Marcelino Rey (Os Tilos), Daría Segade (Calo), Irene Tato (Rarís), Rubén Novo (Teo), Jorge Manuel Rey (Os Tilos), Manuel Rodiño (Cacheiras), Sofía Rama (San Sadurniño), Juan Conde (Calo), Roi Álvarez (Cacheiras), Uxía Calvelo (Vilariño), Gonzálo Suárez (Bamonde), Carmen María Rivas (Lucí), Carme Diéguez (Oza).