NOTA DE PRENSA DO 16 DE MAIO DE 2023
O BNG de Teo presenta un programa para cada parroquia do Concello
Nota de Prensa 16-05-23
O BNG de Teo presenta un programa para cada parroquia do Concello
Podes descargala aquí: Nota de Prensa 16-05-23 O BNG de Teo presenta un programa para cada parroquia do Concello
Preme aquí para acceder aos programas
O BNG de Teo presenta un programa para cada parroquia do Concello
A organización nacionalista arrancou o seu primeiro acto público de campaña no día de onte en Cacheiras, con Isabel Risco de convidada.
Teo, 16/05/2023.- O BNG de Teo está priorizando as ideas e os proxectos e vén de elaborar programas para cada unha das parroquias do Concello. Os programas son froito das reunións coas veciñas e veiciños nos meses anteriores á campaña e están sendo repartidos en cada unha das aldeas de Teo polos candidatos e candidatas da formación nacionalista. Ao final de cada xornada, na que se acude a unha parroquia do concello, os nacionalistas programan xuntanzas nos lugares de hostelería da parroquia para intercambiar pareceres cos veciños e veciñas.
Ademais do contacto próximo do reparto en man e os encontros programados, o BNG realizará tres actos no Concello. O primeiro deles tive lugar no día de onte na parroquia de Cacheiras e nel interviron Isabel Risco, Noelia Castaño, Óscar Antón Pérez e Eloi Devesa.
O próximo día 19 terá lugar o acto de nos Tilos na praza do Mercado labrego e o día 25 o acto en Calo no Restaurante San martiño.
"Estamos en política para elaborar e desenvolver un proxecto de Concello, parroquia por parroquia".