AS INICIATIVAS DO BNG OBRIGAN AO PP A XUSTIFICAR A SÚA INACCIÓN

O BNG de Teo presenta varias iniciativas no Parlamento para ter un Centro de Día público

O BNG de Teo presenta varias iniciativas no Parlamento para ter un Centro de Día público

O BNG de Teo presenta varias iniciativas no Parlamento para ter un Centro de Día público.

As iniciativas do BNG obrigan ao PP a reunirse coa Consellería para buscar xustificar a súa inacción durante todos estes anos.

Teo, 14 de abril de 2023.- O BNG solicitou o pasado 5 de abril no Parlamento un Centro de Día público para Teo. A iniciativa, liderada polas deputadas Iria Carreira e Olaia Rodil, pide resposta á pregunta de cando se vai realizar no Concello o tan necesario centro de día público.

Cómpre recordar que no ano 2009, durante o mandato do BNG en Teo, o proxecto para a construción dun centro de día na parroquia de Calo xa se atopaba en fase de licitación cando o Partido Popular accedeu de novo ao goberno da Xunta de Galiza. O executivo liderado por Núñez Feixóo tomou a decisión de que Teo non debía contar con esta infraestrutura, polo que anulou o convenio asinado, deixando en dique seco todo o traballo realizado ata daquela.

Desde o BNG non compartimos en ningún momento esta decisión, polo que ao longo destes anos temos demandado en numerosas ocasións a construción deste centro de día canalizando un clamor social na sociedade teense, tanto a través de emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza que contaron sempre co voto en contra do Partido Popular, como tamén a través do pleno municipal. Curiosamente, no caso destas mocións si que o Partido Popular se ten amosado favorable á súa construción, ao igual que nalgún momento próximo a citas electorais, como é o momento actual. De feito, no día de hoxe coñecemos a noticia de que o PP de Teo se reuniu coa Conselleira de Política Social para reclamar esta obra.

No BNG de Teo vémonos na obriga de denunciar electoralismo dos populares que actúa a rebufo das iniciativa do BNG, ao igual que aconteceu no pasado, dun tema tan serio como é a calidade de vida e benestar social das veciñas e veciños máis maiores. En todo ese tempo a única actuación real do PP foi anular o Centro de Día que xa estaba comprometido para o noso concello. Se Teo non conta hoxe cun Centro de Día é única e exclusivamente por culpa do PP.

O BNG de Teo presenta varias iniciativas no Parlamento para ter un Centro de Día público