E ACUSA Á ALCALDESA DE BLOQUEAR, POR DÚAS VECES, A SÚA MOCIÓN
O BNG de Teo reclama a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga
O BNG de Teo reclama a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga e acusa á Alcaldesa de bloquear, por dúas veces, a súa moción
Teo, 23 de novembro de 2023.- O BNG de Teo presentou unha moción no pleno municipal na que se solicita a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga, un espazo natural que se atopa ameazado polo vertido de residuos.
A iniciativa do BNG responde ás demandas da veciñanza, que leva anos reclamando unha solución para a canteira e, ademais, a declaración de humidal permitiría protexer a biodiversidade xerada na lagoa.

A Alcaldesa de Teo, porén, negouse a tramitar a moción do BNG, alegando que non cumpría os requisitos formais, cando a súa redacción é idéntica a outras mocións presentadas con anterioridade que foron tramitadas e incluso aprobadas por unanimidade polo pleno. Posteriormente, tamén rexeitou a súa tramitación de urxencia.
O BNG de Teo considera que esta actitude da Alcaldesa é un intento de evitar ter que posicionarse publicamente sobre a canteira e realizar xestións das que non quere dar conta á veciñanza. O BNG de Teo denuncia o afán da alcaldesa por baleirar de contido os plenos, evitando a tramitación de mocións da oposición; feito que pensa denunciar sistemáticamente durante esta lexislatura no caso de repetirse.
O BNG de Teo espera que as xestións que afirma a alcaldesa que está a realizar non supoñan un custe para o erario público; sobre todo cando ten unha proposta sobre a mesa que evitaría calquera desembolso. O BNG de Teo reitera a súa defensa da lagoa da canteira como un recurso natural e a posta en valor para o beneficio de toda a veciñanza