NOTA DE PRENSA DO 27 DE ANRIL DE 2023
O BNG de Teo reúnese con diferentes colectivos do concello
O BNG de Teo reúnese con diferentes colectivos do concello para coñecer as súas inquedanzas
Nas xuntanzas coñecéronse medidas contempladas no programa electoral, que está desde hoxe dispoñible para toda a veciñanza.
Para versión dixital: Nota de prensa sobre as reunións 27 Abril 2023
Para consultar o programa municipal do BNG de Teo mandato 2023/2027
O BNG de Teo reúnese con diferentes colectivos do concello para coñecer as súas inquedanzas
Nas xuntanzas coñecéronse medidas contempladas no programa electoral, que está desde hoxe dispoñible para toda a veciñanza.
Teo, 27 de abril de 2023.- O BNG de Teo leva meses mantendo xuntanzas con diferentes colectivos e asociacións que forman parte do concello. A finalidade destas xuntanzas é establecer un contacto directo e manter relación para coñecer as actuais e futuras inquedanzas, preocupacións ou ideas dos colectivos.
Os encontros mantivéronse con asociacións veciñais, de pais e nais, empresarios e comerciantes, o ámbito cultural e deportivo. A falta dunha última xuntanza, coa mocidade, a valoración é positiva e supón unha importante achega para gobernar Teo.
Ademais da coincidencia con varias das cuestións formuladas, o BNG comprométese a manter unha actitude de interlocución co tecido asociativo moito máis fluída ca actual, facéndoos actores das mudanzas e protagonistas das iniciativas que se levarán a cabo nun futuro goberno do BNG.
Nas distintas reunións o BNG deu a coñecer diversas medidas recollidas no programa electoral que está dispoñible para toda a veciñanza dende o día de hoxe.
Máis información: