PARA DAR A COÑECER AS SÚAS PROPOSTAS SOBRE A CANTEIRA DA CASALONGA
O BNG de Teo reuniuse coa veciñanza de Calo
O BNG de Teo reuniuse coa veciñanza de Calo para dar a coñecer as súas propostas sobre a Canteira da Casalonga
Teo, 9 de novembro de 2023.- O BNG de Teo reuniuse coa veciñanza de Calo para dar a coñecer as súas propostas sobre a Canteira da Casalonga
O Portavoz municipal do BNG, Eloi Devesa, afirmou na reunión que "a proposta nacionalista pasa pola recuperación medioambiental da canteira e a creación dun gran parque para a educación ambiental".
Na moción que defenderá o BNG o próximo pleno municipal, solicitarase á alcaldesa de Teo que realice as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia para a súa inclusión no rexistro de humidais de Galiza e que elabore un plan de recuperación da canteira que contemple a súa conversión nun parque para a educación ambiental e o lecer.

O BNG de Teo xuntouse coa veciñanza da parroquia de Calo e o deputado nacionalista Luis Bará no día de onte para informar sobre as iniciativas realizadas sobre a canteira de Casalonga e promover unha moción que protexa a zona..
Tras o cesamento da actividade extractiva e mineira a antiga canteira de Casalonga constitúe un espazo que formou unha lagoa de alto valor ecolóxico e paisaxístico, cunha grande biodiversidade e que constitúe un importante recurso educativo, cultural e recreativo para a veciñanza.
A empresa Toysal S.L., propietaria dos terreos onde se atopa a lagoa, presentou un proxecto que convertirá a antiga canteira nun vertedoiro de residuos. Este proxecto supón unha ameaza para o medio ambiente e a saúde pública, xa que pode contaminar os acuíferos subterráneos que abastecen á poboación e regan o entorno así como alterar o equilibrio ecolóxico actual da lagoa.
Desde o BNG vimos apoiando as demandas da cidadanía afectada, que se opoñen ao proxecto de Toysal e propoñen a valorización e conservación da lagoa como un espazo natural protexido. A veciñanza tense mobilizado de forma continuada para protestar contra o vertedoiro e para reclamar a implicación das administracións públicas na solución do problema.
O BNG defende que a única solución posible é paralizar definitivamente as actividades de carácter industrial na canteira e converter a lagoa nun espazo protexido. O BNG propón que se elabore un plan de recuperación da canteira que contemple a súa conversión nun gran parque para a educación ambiental e o lecer que contribúa favorablemente á dinamización social e económica da zona, baseado en valores de respecto polos recursos naturais e o desenvolvemento sustentable.