NOTA DE PRENSA 18 FEBREIRO 2023
A cabeza de lista do BNG de Teo renuncia por motivos persoais
A cabeza de lista do BNG de Teo renuncia por motivos persoais
A organización nacionalista convoca a súa asemblea local para o próximo día 23 co fin de tratar sobre a renuncia e o seu relevo.
Teo, 18/02/2023.- No pasado luns o Consello Local do BNG de Teo tivo coñecemento da renuncia da súa cabeza de lista por motivos persoais.
Desde o BNG queremos agradecer a ilusión e traballo que Patricia Castelao aportou ao BNG de Teo e o firme compromiso que segue mantendo coa causa nacionalista.
Logo da asemblea do 23 o BNG de Teo fará pública as decisións da asemblea anunciando o novo candidato ou candidata.