INSTALACIÓN DUNHA NOVA PIROTECNIA EN SOLLÁNS

Nota de Prensa 22 de xullo de 2022

Nota de Prensa 22 de xullo de 2022

Encontro de Néstor Rego coa veciñanza de Solláns preocupada polo proxecto de construción dunha nova pirotecnia.

O BNG de Teo presentou unha proposta inicial de alegacións susceptíbel de ampliacións, polo que quedaron emprazados para un novo encontro na AAVV A Baiuca para o vindeiro xoves, 28 de xullo.

Teo, 22 de xullo de 2022.- Propiciado polo BNG de Teo, Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, tivo un encontro coa veciñanza do lugar de Solláns, na parroquia de Calo, para falar do proxecto de instalación dunha pirotecnia. O proxecto está en fase de exposición pública, aberto o prazo de presentación de alegacións.

Acompañado pola portavoz do BNG de Teo, Patricia Castelao, e por outros membros da Asemblea Local, Néstor Rego explicou o sentido das preguntas por el xa rexistradas no Congreso e escoitou as preocupacións de veciños e veciñas.

O BNG presentou tamén unha proposta inicial de alegacións, que se pode consultar e descargar na páxina web https://teo.bng.gal/, susceptíbel de modificacións e ampliacións polo que o BNG de Teo e a veciñanza quedaron emprazados a un novo encontro, na Asociación Veciñal A Baiuca, para o vindeiro xoves, 28 de xullo, ás 20:30 h, para concretar os seguintes pasos a seguir.

A proximidade do taller pirotécnico, para o que se solicita autorización, a vivendas e dependencias anexas xera preocupación entre a veciñanza, maior se cabe por ter xa sufrido os efectos dunha explosión pirotécnica no ano 2006 que, se ben non se saldou con vítimas, produciu moitos danos materiais.

Nota de Prensa 22 de xullo de 2022