NOTA DE PRENSA 02/02/2023

Xuntanzas Parroquiais

Xuntanzas Parroquiais

O BNG de Teo continúa a súa andaina polas parroquias do Concello 


O obxectivo das reunións é dar a oportunidade á veciñanza de expresar as súas inquedanzas nas propias parroquias


Teo, 02 de febreiro de 2023.- O BNG de Teo continúa as xuntanzas cos veciños e veciñas das trece parroquias do Concello. A finalidade destas é escoitar as preocupacións, necesidades, inquedanzas e desexos da veciñanza para as parroquias teenses. 


Esta andaina comezou no mes de setembro na parroquia de Luou, seguida por Lampai, Teo, Os Tilos, Vilariño, Rarís, Calo, Recesende e Bamonde. Agora, o camiño segue na parroquia de Cacheiras. O luns 6 de febreiro a xuntanza será ás 20:00 horas na Casa Común da Torre, mentres que o venres 10 será ás 20:00 horas na Mediateca do Grilo. Nas vindeiras semanas as reunións continuarán coas veciñas e veciños das parroquias de Reis, Lucí e Oza. 

Xuntanzas Parroquiais