PEDIMOS AO GOBERNO MUNICIPAL QUE CUMPRA COA PALABRA DADA E ASUMA O COMEDOR DO CEIP DOS TILOS O QUE RESTA DE CURSO ESCOLAR

Aprobada a moción do BNG contra o incremento dos abusos e o deterioro dos servizos bancarios

Defendemos unha moción e formulamos máis dunha decena de rogos e preguntas exixindo arranxos nas pistas, máis seguridade viaria e mantemento do patrimonio artístico e cultural de Teo
Aprobada a moción do BNG contra o incremento dos abusos e o deterioro dos servizos bancarios

O BNG defendeu no pleno de onte unha moción sobre o incremento dos abusos bancarios contra as persoas consumidoras e o deterioro dos servizos financeiros en Galiza. Nos últimos anos estamos asistindo a un proceso de concentración e centralización do sector –rescatado con fondos públicos– da banca. As entidades aproveitan para pactar condicións e reducir progresivamente a rede de oficinas ao tempo que empeoran as condicións a costa das persoas consumidoras e das e dos traballadores, que sofren constantes ERE e precarizacións. A pandemia está a ser tamén unha coartada para obrigar á clientela, con independencia das súas condicións ou habilidades persoais, a empregar a banca virtual, abusando especialmente das persoas maiores.

Reclamamos:

As mudanzas oportunas no ámbito da regulación do sector bancario, para dar resposta á escalada de abusos bancarios, pacto de horarios para limitar os servizos de caixa, incremento de comisións e reducións drásticas de de oficinas e persoal

Que a Xunta de Galiza desenvolva as súas competencias exclusivas en materia de consumo impulsando campañas de reclamacións e información.

Expresar o apoio desta Corporación Municipal ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores da banca en defensa dos postos de traballo e do mantemento dos servizos financeiros básicos no territorio galego.

Dirixirse ás entidades bancarias do concello para demandar o mantemento dos servizos. 

Esta moción foi aprobada coa única abstención do Partido Popular.

Fixéronse tamén os seguintes rogos e preguntas:

  1. Que o Concello asuma o temporalmente o comedor do CEIP dos Tilos até o final do presente curso escolar como anunciaron que farían se a Xunta o asumía para o vindeiro curso. 
  2. Que se controle, dunha vez, o uso dos carrís de servizo da Travesía de Cacheiras coma carrís de adiantamento entre Cacheiras e Montouto, o que é un perigo para a seguridade viaria. 
  3. Pedimos, máis outra vez, un paso de peóns no principio da estrada CP-8202 que une Cacheiras e Solláns.
  4. O arranxo do parque infantil que está a carón da Policía Local que presenta moitas deficiencias.
  5. O arranxo do firme das pistas de Fornelos e Buela en Rarís e que se controle o paso dos transportes con exceso de tonelaxe que desfán o firme.
  6. O arranxo das fochancas na Rúa do Atallo, detrás do tanatorio de Montouto. 
  7. O arranxo das fochancas e dun espello roto na zona da Pedra, detrás da ITV.
  8. Que se actúe na Casa vella do mestre en Rarís que xa está caendo o tellado, así coma a madeira do primeiro andar e ten as portas rebentadas e abertas. É moi perigoso polo risco de accidente.
  9. Preguntamos polo progreso da instalación da fibra óptica no Concello. Hai moito problema e retrasos na zona adxudicada á empresa R.
  10. Que se limpe o Muiño da Florida.
  11. Que non se bote grava solta nos re-asfaltados que é moi perigosa para bicicletas e motos.
Aprobada a moción do BNG contra o incremento dos abusos e o deterioro dos servizos bancarios