O IMPORTANTE É ATOPAR UNHA SOLUCIÓN E QUE XUNTA E CONCELLO DEIXEN DE MAREAR CO TEMA

Reclamamos unha solución urxente para o servizo de comedor do colexio dos Tilos

IMG_3551

Manuel Barreiro: "A Concelleira do PSOE, Mayte Argibay,  coñecía o problema dende agosto e non foi quen de solucionalo en seis meses, agora importante é atopar unha solución e logo xa se buscarán responsábeis, a señora Argibay ben faría en dedicarse a solucionar problemas e non a andar a facer de rei mago”.

Reclamamos unha solución urxente para o servizo de comedor do colexio dos Tilos

Non podemos máis que amosar a súa estupefacción pola incapacidade da Xunta e do Concello para resolver un problema no que os principais prexudicados son crianzas de menos de 12 anos e as súas familias. A Xunta de Galiza, mira a outro lado e máis unha vez discrimina aos habitantes deste concello continuando coa súa deixación de funcións, pese a ter as competencias. A Concelleira, Sra Argibay, pese a ser coñecedora da problemática dende Agosto de 2020 non foi quen de atopar unha solución.

O portavoz municipal do BNG, Manuel Barreiro pregúntase “que se fixo dende  a concellería da señora Argibay nestes seis meses”. Pídelle á concelleira de Educación e Cultura do PSOE, “que se poña a traballar de inmediato na solución deste problema, estamos falando de meniños e meniñas de menos de 12 anos e de familias que precisan un remedio urxente a algo tan importante coma a falla do servizo de comedor escolar” e engadiu “non podo entender que o Goberno Municipal e a Xunta de Galiza xoguen deste xeito coa saúde dos cativos e cativas e coa estabilidade das familias que teñen que buscar alternativas privadas para a conciliación que significan un sobrecuste para moitas delas. Estamos xa en febreiro e o curso comezou en setembro, levan meses xogando un partido de tenis no que as familias son a pelota, ninguén quere asumir a responsabilidade e o que están a facer nesta situación extraordinaria de pandemia é un moi grave prexuízo para as familias”. Finalmente sinalou que “o importante é atopar unha solución e logo xa se buscarán responsábeis, a señora Argibay ben faría en dedicarse a solucionar problemas e non a andar a facer de rei mago”. 

No pasado mes de setembro este grupo municipal reuniuse coas ANPAS dos centros escolares de Teo para coñecer de primeira man os problemas e complicacións que os centros escolares e as familias usuarias estaban atopando no inicio do curso escolar e todas as problemáticas foron trasladas ao Goberno Municipal no pleno de ese mesmo mes.

Para o BNG é inaudito e irresponsábel tanto o proceder da Xunta de Galiza en relación con este problema, aínda que xa non nos sorprende que pasen de todo, coma a inacción do Concello. Un proceder que demostra a falta de seriedade e rigor na xestión de ambas institucións.

Reclamamos unha solución urxente para o servizo de comedor do colexio dos Tilos