Denunciamos que o Plan de Transporte de viaxeiros da Xunta ten graves eivas e non aporta solucións para Teo

17498490_1441446539240312_4846309850762018992_n

Reprobamos unha vez máis a intransixencia da Xunta que se negou a estabelecer un diálogo cos Concellos

Denunciamos que o Plan de Transporte de viaxeiros da Xunta ten graves eivas e non aporta solucións para Teo

Consideramos o Plan de Transporte Metropolitano moi insuficiente e pide tanto á Xunta coma ao Goberno Municipal solucións efectivas que cheguen a todas as parroquias de Teo, pois son moitos os veciños e veciñas que dependen na súa vida cotiá da conexión de transporte público cos concellos da contorna.

A Xunta non escoitou as propostas que se lle fixeron desde os concellos, fai ouvidos xordos as necesidades específicas de cada un e o que está facendo con esta actuación é obrigar a decidir entre ter un mal servizo de transporte ou non telo. Rexeitamos a unilateralidade coa que se está actuando por parte da administración autonómica. E consideramos que Teo é un concello que é prexudicado de xeito recorrente polo goberno Feixóo, non hai máis que lembrar, por poñer só un exemplo, que carecemos dun centro de día que dende o bloque levamos anos reclamando.

Logo de dous mandatos de Son de Teo e PSOE o tema do transporte continúa a ser un dos problemas máis importantes deste concello. Temos eivas importantes tanto nas liñas interiores, cun TeoBus que é moi necesario, mais que non dá solucionado os problemas de comunicación por mor do deficiente deseño de liñas e horarios, coma na comunicación cos concellos limítrofes. Moitos son os veciños e veciñas que teñen que desprazarse para traballar ou estudar e non teñen máis opción que o trasporte privado, co problema de seguridade viaria, de consumo de enerxía e de polución que isto xera.

Por todo isto, instamos ao Goberno municipal a facer todo o posíbel para avanzar na solución do problema do transporte público, tarefa para a que amosamos toda a nosa disposición a colaborar, en tanto que ter o noso concello ben comunicado é fundamental para acadar un equilibrio entre o crecemento, a sostibilidade e a calidade de vida dos noso veciños e veciñas.

Denunciamos que o Plan de Transporte de viaxeiros da Xunta ten graves eivas e non aporta solucións para Teo