REALIZOUSE UN BUZONEO COA INFORMACIÓN NA CASALONGA

Resumo de actuacións do bng de Teo sobre a mina da Casalonga

Resumo de actuacións do bng de Teo sobre a mina da Casalonga

Buzoneáronse ao longo desta semana uns folletos na zona da Casalonga co seguínte resumo de actuacións:

O grupo do bng de Teo , coa voceira municipal Patricia Castelao á fronte, mantivo unha reunión co deputado Luis Bará no Parlamento de Galiza a respecto da mina da Casalonga o pasado 22 de xullo.

En setembro de 2021 o  Grupo Parlamentar do BNG pediu ao Goberno da Xunta copias dos proxectos e dos informes técnicos de restauración da mina da Casalonga: estudos de impacto, plan de restauración, comunicacións coa empresa. 
A día de hoxe, a Xunta aínda non entregou a documentación solicitada. 

Así, o BNG ven de presentar

Unha interpelación parlamentar ao Goberno Galego para:
- Preguntar por que non se entrega a documentación requirida;
- Preguntar polo estado da tramitación e por se houbo acordos ou reunións co Concello de Teo e coa veciñanza.

Unha Proposición Non de Lei na que se insta ao Goberno Galego a:
- DESBOTAR O PROXECTO DE MACRO VERTEDOIRO na mina da CASALONGA;
- Restaurar a canteira, garantindo a conservación do humidal artificial;
- Procurar a colaboración doutras administracións de cara a elaborar un plan para a recuperación e posta en valor da antiga canteira como parque ambiental e de lecer para uso e goce da veciñanza.

Resumo de actuacións do bng de Teo sobre a mina da Casalonga