O BNG ALERTA DUN INCREMENTO DE ATÉ O 111% NA TAXA DO LIXO E PRESENTA MOCIÓNS POR MAIOR INVERSIÓN EN IGUALDADE E MELLORAS VIARIAS.

BNG critica suba das taxas e rexeita a declaración do 25N institucional por insuficiente

Pleno 29 de Outubro
Pleno 29 de Outubro

O BNG de Teo vota en contra da suba da taxa do lixo e presenta unha moción de urxencia relativa á reivindicación do 25N e a necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista, que é rexeitada polo voto do goberno do PP.

BNG critica suba das taxas e rexeita a declaración do 25N institucional por insuficiente

No pleno municipal do 29 de outubro, o Bng de Teo critica as formas do Goberno coa declaración institucional do Concello, presentada polo día internaciónal da eliminación da violencia contra a muller e a considera insuficiente.

Tamén se lle transmitiu a alcaldía unha serie de rogos, para melloras do acondicionamento de diferentes pistas do concello, sobre o estado da carballeira de Francos e o incumprimento da normativa sobre sinalización en Galego nalgúns puntos do Concello. 

Entre os temas abordados no pleno destacamos os seguintes:

Modificación da taxa do lixo

En relación a modificación da taxa sobre hixiene urbana, o grupo municipal do BNG recordoulle o goberno, que xa lle ten advertido en varias ocasións da súa falta de previsión para adaptarse ás exixencias da normativa e a toma de medidas que puideran evitar que as tarifas foran tan abusivas.

Manifesta a súa vez que o BNG non comparte o modelo de tratamento residuos actual do Concello posto que non está baseado na reciclaxe nin na diminución da tonelaxe dos residuos, advertindo, que a partir de agora a veciñanza verá incrementadas as súas tarifas  nun 71% nas zonas de recollida diaria, pasando a pagar de 68 euros a  116,49 euros, e, nas zonas de recollida non diaria, pasarase de pagar 47 euros a 99,19 euros, un 111% de incremento.

Ante isto, o voceiro do BNG advirte que “ non se fixeron os deberes cando a normativa está aí dende fai tempo e non se actuou, nin sequera se vai premiar a xente que si o fai ben, porque seguimos con un modelo antigo”.

Declaración institucional da alcaldía polo 25N e moción de urxencia do BNG.

Ante a Proposta da alcaldía de declaración institucional polo día internacional da eliminación da violencia contra a muller, o portavoz do grupo municipal do Bng Eloi Devesa, manifesta que na xunta de portavoces, convocada unha vez que xa se pasara o texto por comisións e non antes, non se tiveron en conta as propostas do BNG.

Dita situación motivou a presentación por parte do grupo do Bng dunha moción de urxencia, relativa á reivindicación do 25N e a necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista, que non puido ser valorada polo voto de abstención do goberno do PP.

Dentro das medidas que recollía a moción do BNG, destacaban as seguintes:

  •  Instar a Xunta de Galiza a recuperación da Secretaría Xeral de Igualdade, así como do Servizo Galego de Igualdade, con orzamentos e persoal efectivos.

  •  Instar a Xunta a aprobación por Lei e posta en marcha dunha Valedoría de Igualdade.

Voto a favor do BNG para a mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-0206.

O Bng de Teo da o voto a favor do arranxo desta estrada da zona de Calo, que está a ser un perigo para a circulación e demanda tamén ao goberno a prioridade para outras estradas de Lampai e Luou que a día de hoxe tampouco garanten a seguridade da circulación de vehículos, peóns...

O BNG de Teo vota a favor da Declaración de urxencia de Unicef sobre o día da infancia 2025.

O portavoz do Bng apela a reflexión para traballar en conxunto e conseguir melloras básicas para a xuventude e a infancia.

En Rogos e preguntas dende o Bng solicitouse:

  • O acondicionamento e planificación de intervencións nas pistas:  de Fornelos o cemiterio, pista de acceso o punto limpo, pista de Raxo a Tras do Eixo.

  • A valoración de cambio de lugar para varios contedores na zona de Campos de Mirabel, que están a ocupar prazas de aparcadoiro.

  • Solicitan que se substitúa unha sinal peoníl na zona de Fixó, que está en castelán e que se proceda a facer a sinalización en galego.

  • Solicitan a valoración do estudo da saúde das árbores da carballeira de Francos e a necesidade de intervención do goberno para a súa protección.

BNG critica suba das taxas e rexeita a declaración do 25N institucional por insuficiente