BNG de Teo acusa á alcaldía de "neglixencia" ao elevar a débeda nun 66%
O BNG de Teo valora a xestión orzamentaria da alcaldía de neglixente o aumentar a débeda do concello nun 66% e dicir 5,3 millóns de euros.
O portavoz do BNG de Teo manifesta que a falta de planificación por parte da alcaldía deixa o Concello sen investimento a nivel social, medio ambiental, cultural ou servizos.
O BNG de Teo presenta un rogo sobre o recoñecemento e homenaxe ás vítimas da represión franquista en concreto dos guerrilleiros antifranquistas exhumados en Luou, que é rexeitado pola alcaldía.
No pleno municipal do 26 de novembro, o Bng de Teo valora a xestión dos orzamentos por parte da alcaldía como neglixente, o producirse un aumento da débeda dun 66% que se traducen nuns 5,3 millóns de euros de débeda para o Concello.
Critica a ausencia de investimento a nivel social, medio ambiental, cultural ou servizos.
Tamén se lle transmitiu a alcaldía unha serie de rogos como o cumprimento da ordenanza para o impulso social da lingua galega, arranxo das rúas de Os Tilos, o arranxo das escadas de pedra da Rúa de Francos, solución os problemas de vertura da fosa séptica de Francos, solucitude acto de recoñecemento e homenaxe os catro guerrilleiros antifranquistas exhumados na parroquia de Luou.
Destacamos os seguintes temas tratados durante o pleno :
Aprobación Plan anual normativo.
O Bng de Teo abstense na votación manifestando que “non é o noso plan normativo e alegaremos norma a norma”.
Orzamentos 2026
O Bng de Teo recorda a alcaldía que o plan económico financieiro do Concello recoñecía o incumprimento da regra de gasto, e o plan de orzamentos que ofrece a día de hoxe afastase dos obxectivos marcados, colocando o Concello nunha situación orzamentaria difícil.
No relativo o incumprimento dos gastos o non cumprir coa norma o ano pasado pois prodúcese un incremento en diferentes capítulos chegando en algún caso ata un 122% e o único que baixa é por un erro dunha partida mal asignada.
En total prodúcese un incremento de gasto dun 21,8% equivalente a 3,6 millóns de euros o cal é unha barbaridade.
En canto o Informe de estabilidade orzamentaria, volve tamén a incumprise, sen que se tomaran as medidas de reducir gastos ou incrementar ingresos, o cal levará a que teñamos a mesma problemática orzamentaria vivida o ano pasado.
O portavoz do BNG de Teo manifesta que a alcaldía minte nas súas declaracións, posto que nas conclusión do propio informe se recolle que se incumpre a Estabilidade orzamentaria.
En canto a débeda vida ,a valoración do BNG e dunha xestión neglixente por parte da alcaldía, que provocou que se eleve nun ano un 66% ,quedando en 5,3 millóns de débeda para o Concello.
O BNG tamén manifestou a falta de planificación na finalidade dos investimentos, esta falta provoca por parte da alcaldía que deixe sen investimento departamentos a nivel social, medio ambiente, cultural ou servizos, deixando todos os gastos extras para obras sen un mínimo equilibrio que garanta a equidade no acceso os servizos municipais a veciñanza.
E critica que o gasto social no Servizo de axuda o fogar tan só se ve incrementado nun 3,2%.
En Rogos e preguntas dende o Bng solicitouse:
-
Que se cumpra a ordenanza para o impulso social da lingua galega publicada no BOP 107 do 7 de xuño de 2016 e que se presenten os informes en galego.
-
O arranxo urxente das escadas de pedra da Rúa de Francos que comunican as dúas partes da aldea.
-
Que se baleire a fosa séptica de Francos segundo se necesite e se tomen medidas para solución de verteduras.
-
Reparación do firme das rúas de Os Tilos.
-
En relación a exhumación no cemiterio de Luou de catro guerrilleiros antifranquistas asasinados en Loureiro no ano 1948, aínda que non nos consta a presenza do goberno municipal no proceso de exhumación, tendo en conta que é de grande relevancia para o concello de Teo solicitamos :
-
A organización dun acto público por parte do Concello de recoñecemento e homenaxe ás vítimas da represión franquista e, en concreto, dos catro guerrilleiros asasinados no noso concello ademais de significar o papel de Teo na loita en antifranquista.
-
Desenvolvemento dun acto público en que se percorran os dous quilómetros que separan Loureiro, o lugar onde foron asasinados os guerrilleiros, e o adro da igrexa de Luou, coa participación de membros dos equipos que atoparon a foxa e fixeron o desenterramento e a identificación.
-
Ademais, o Concello solicitaría permiso á Igrexa para a colocación no adro da igrexa de Luou dunha placa na que se informe de que nese lugar foi atopada unha foxa común cos restos de catro persoas que pertencían á guerrilla antifascista.
Pleno