NO PLENO DO MES DE NOVEMBRO, O GRUPO MUNICIPAL DO BNG PRESENTOU UNHA MOCIÓN RELACIONADA CO GALEGO, UNHA SERIE DE ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS E ADEMAIS, COMO É HABITUAL, REALIZOU DIFERENTES ROGOS E PREGUNTAS QUE AFECTAN Á VECIÑANZA DE TEO.
BNG sinala a diminución do uso do galego e cuestiona a seriedade dos orzamentos do PP para a mellora dos servizos en Teo
O BNG presenta unha moción para a normalización do galego, alertando sobre a súa diminución no uso habitual debido a políticas lingüísticas do PP. A moción non foi aprobada, e o BNG critica os orzamentos do PP por non ser realistas e por falta de compromiso co servizo público, presentando varios rogos para mellorar a infraestrutura local.
Moción relativa á situación do idioma propio da Galiza e a adopción de medidas para a súa normalización”: Tras os últimos datos do Instituto Galego de Estatística sobre o galego maniféstase que descende bruscamente no uso habitual, perdendo a súa condición de lingua máis falada e mesmo se descoñece nas franxas de idade máis novas. Isto é a consecuencia dunha política lingüística discriminatoria e excluínte aplicada durante o goberno do Partido Popular na Xunta da Galiza. Neste período prohibiuse a impartición en galego de varias materias no sistema educativo, eliminouse practicamente o acceso das crianzas á lectoescritura en galego na rede de escolas infantís, agora o funcionariado non ten por que ter coñ
ecemento do galego para atender ás persoas, desapareceu a oferta da programación infantil ampla e actualizada na TVG. O galego ten futuro se o compromiso coa normalización do noso idioma é real e asumido por toda a sociedade, comezando polas institucións galegas. Por todo isto Grupo Municipal do BNG solicita á corporación municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:
1. Reafirmarnos na defensa da lingua galega, no seu dereito inalienábel a ser coñecida e usada pola poboación en calquera circunstancia e lugar, sen discriminación de ningún tipo.
2. O Concello revisará a súa actuación en materia lingüística e a adaptará ao previsto legalmente.
3. O pleno do Concello acorda adherirse á Plataforma Queremos Galego.
4.Trasladar este acordo plenario ao Parlamento da Galiza, Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude e á Plataforma Queremos Galego.
Esta moción non foi aprobada polos votos en contra do PP, alegando que no noso Concello xa se fai todo o que se pode facer e apelando á responsabilidade individual da cidadanía para empregar o galego.
Tralos orzamentos presentados polo PP, o voceiro do BNG Eloi Devesa manifesta: que non son tan serios e realistas como nos pretenden facer ver, acusa o exceso de externalización dos servizos do Concello, a pouca aposta pola participación cidadá, non se entende como non se amplía o presuposto do TeoBus coa famosa proposta do Bus Lanzadeira, a grande baixada de do imposto sobre as actividades económicas, o aumento de presuposto para publicidade e propaganda entre outra serie de cuestións.
Rogos:
1. Que se continúe coas beirarrúas dende Recesende a Vilanova.
2. Arranxo da pista do Lugar de Casaldomio, á altura do número 30.
3. Que se poñan en contacto con quen proceda por se hai algún problema co repetidor de tv de Rarís.