RESUMO DO BNG DE TEO SOBRE O PLENO DE MARZO
Pleno Municipal do 30 de Marzo de 2023
Resumo pleno municipal de marzo do 2023
Entre os diversos temas que se abordaron nel atópase o ditame da proposta da alcaldía de aprobación do suplemento de crédito para afrontar as obras do PIREP. Na actualidade, esta obra é só unha, a remodelación integral da escola de Cacheiras, mais se é posible será tamén a remodelación do pavillón dos Tilos. O BNG votou a favor pois son obras moi importantes para a mellora do Concello. A proposta quedou aprobada por unanimidade.
Outro tema tratado foi o ditame da proposta da alcaldía de liquidación definitiva do contrato do Concello de Teo coa empresa Aquagest/Viaqua en conformidade co Auto número 168/2022 do Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Santiago. O BNG votou a favor e a proposta tamén quedou aprobada por unanimidade.
Ademais, tamén se votou o ditame da proposta de alcaldía de aprobación de convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Teo para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde. O BNG votou a favor e quedou aprobada por unanimidade.
Por outro lado, xa en rogos e preguntas, o BNG informou sobre o mal estado dunha das estradas do lugar de Carballal. Deseguido, tamén transmitiu a inquedanza pola falta de recollida de pluviais e a posibilidade de asolagamentos e deterioro do firme no lugar da Póboa. Ademais, tamén preguntou polo tamaño das beirarrúas que impiden a entrada aos garaxes da veciñanza na súa propia vivenda neste mesmo lugar. Finalmente, comunicou o mal estado dunha estrada de Ribas pola cal pasa o percorrido da Batalla de Cacheiras, da cal o BNG xa informou en múltiples ocasións no Pleno Municipal.
Link ao pleno: https://www.youtube.com/live/GX5Md2igQXs?feature=share
Orde do día:
1. Aprobación das actas das sesións ordinarias do 26/10/2022 e 30/11/2022.
2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 238/23 á Res 383/23).
3. Dación de conta do cumprimento do artigo 104 Bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
4. Dación de conta do informe de morosidade e PMP 4º trimestre 2022.
5. Dación de conta do informe de intervencióin de control interno do exercicio 2022.
6. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación de suplemento de crédito para afrontar as obras do Pirep.
7. Ditame da proposta da alcaldía de liquidación definitiva do contrato do Concello de Teo coa empresa Aquagest/Viaqua en conformidade co Auto número 168/2022 do Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Santiago.
8. Ditame da proposta de alcaldía de aprobación de convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Teo para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde.
9. Mocións.
10. Rogos e preguntas.