O BNG de Teo presenta rogos para mellorar a información e seguridade na vila

Pleno Decembro 2025
Pleno Decembro 2025

O grupo municipal solicita paneis informativos de transporte, reparación de infraestruturas e atención á situación das bibliotecas no último pleno do ano.

O BNG de Teo presenta rogos para mellorar a información e seguridade na vila
Pleno Decembro 2025
Pleno Decembro 2025

No pleno do mes de Decembro, o grupo municipal do BNG presentou unha serie de rogos e preguntas á alcaldía sobre problemas que afectan á veciñanza de Teo.

O voceiro do BNG, Eloi Devesa, comezou cunha moción reconvertida en rogo sobre a información horaria dos autobuses. “É preciso facilitar á xente dun xeito accesible e visual a información sobre os horarios”, indicou Devesa. Con este rogo, pídese a colocación de paneis nas marquesiñas con toda a información necesaria sobre o transporte público que pasa por cada parada.

O grupo municipal do BNG volve recalcar a necesidade de indicar a sinalización das vías de servizo, onde non hai nin STOP nin cedas.

Solicítase a reparación dunha tapa rota do sumidoiro na Torre, pois é un perigo para todo o mundo pero sobre todo para os nenos e as nenas que xogan no parque.

Preséntase un rogo sobre a situación das bibliotecas de Teo, que por diferentes cuestións hai épocas nas que están pechadas, como algúns días deste Nadal. Pedimos que se teña en conta que pode volver pasar e se procure unha solución.

Tamén se fai unha pregunta sobre os horarios do alumeado público.

Reclámase o arranxo dun poste de luz estragado diante do tanatorio de Montouto, que xa leva moito tempo inutilizado.

O BNG de Teo presenta rogos para mellorar a información e seguridade na vila