NOTA DE PRENSA DO 28 DE STEMBRO DE 2023
O BNG presenta diversos rogos sobre temas de interese para a veciñanza de Teo
Rogos e emenda:
- Emenda de engádega ao punto 7. da orde do día do pleno do 27-09-23
- Arranxo da estrada de Augas Mansas a Lamas - Retirada do poste situado na estrada que une os Verxeis ata Oza
- Mellora do alumeado nas urbanizacións de Montouto - Denuncia do incumprimento da ordenanza municipal de normalización lingüística
- Regulación dos pisos turísticos - reparación do parque infantil de Raxó e A Torre - A iniciativa da veciñanza de Carballal
O BNG de Teo presenta diversos rogos sobre temas de interese para a veciñanza de Teo
Teo, 28 de setembro de 2023- No pleno municipal do mes de setembro, o grupo municipal do BNG presentou varios rogos solicitando información e actuacións sobre diversos temas que afectan á calidade de vida das persoas do municipio. Entre os rogos expostos destacan os seguintes:
- A solicitude urxente do arranxo da estrada de Augas Mansas a Lamas, en Cacheiras. O BNG reclama que se realice o arranxo desta estrada, que se atopa en mal estado e que é de competencia municipal. A organización nacionalista lembra que esta é unha vía de comunicación importante para as persoas da zona e conta cun tránsito importante.
- A retirada do poste situado na estrada que une os Verxeis ata Oza. O BNG solicita que se saque o poste que está situado na estrada que pasa por enriba da autovía desde os Verxeis ata Oza, xa que supón un perigo para a seguridade viaria e para a integridade das persoas que circulan por esa vía. A organización nacionalista denuncia que este poste está aí desde hai semanas e a veciñanza descoñece o motivo da súa instalación tan precaria.
-A mellora do alumeado nas urbanizacións de Montouto, desde os Robles ata Eroski e pola AC841. O BNG pide que se mellore o alumeado na zona, xa que hai partes con pouca iluminación. A organización nacionalista considera que esta é unha cuestión de seguridade e de benestar para as persoas que viven nestas urbanizacións.
- A denuncia do incumprimento da ordenanza municipal de normalización lingüística. O BNG denuncia que o informe sobre a estrada da Cascalleira está en castelán, incumprindo así a ordenanza lingüística do concello, que establece que os documentos oficiais deben estar redactados en galego. A organización nacionalista tamén comprobou que hai dificultades para pasar dous vehículos por esa estrada, reducindo notablemente a seguridade viaria, e solicita os datos que faltan no informe, como o número de referencia, a data ou o cumprimento da medidas propostas no mencionado informe.
- A regulación dos pisos turísticos. O BNG ten coñecemento da instalación de pisos turísticos no concello e solicita coñecer as medidas previstas para unha regulación axeitada que evite consecuencias negativas como as que se están a producir noutros municipios.
- A reparación do parque infantil de Raxó. O BNG solicita que se repare o parque infantil no que se retirou un sinal e varios columpios desde a festa de Raxó (Torre), que se celebrou hai máis dun mes. A organización nacionalista lembra que este parque é un espazo de lecer e de socialización para as nenas e os nenos da zona e que debe estar en boas condicións.
- A iniciativa da veciñanza de Carballal para o mantemento axeitado da súa contorna. O BNG solicita información pola iniciativa presentada pola veciñanza de Carballal. A organización nacionalista aplaude esta iniciativa cidadá, que demostra o compromiso das persoas que viven en Carballal coa conservación e mellora da súa contorna.
O BNG agarda que o concello atenda estes rogos e que actúe con celeridade e eficacia para resolver os problemas que afectan á veciñanza de Teo; de forma real e sen antepoñer a propaganda.
Máis información:
[email protected]
Video ao pleno:https://www.youtube.com/watch?v=QBq8UWqCwlM&ab_channel=ConcellodeTeo