A DECISIÓN FOI TOMADA ESTE XOVES NA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE TEO

O primeiro tramo da candidatura estará encabezada por Eloi Devesa


 
O primeiro tramo da candidatura estará encabezada por Eloi Devesa

O BNG de Teo escolle o primeiro tramo da súa candidatura que está encabezada por Eloi Devesa


A decisión foi tomada este xoves na Asemblea Local entre a militancia do Concello


Teo, 23 de febreiro de 2023.- O BNG de Teo anuncia a elección do primeiro tramo da súa candidatura para as eleccións municipais de maio de 2023. A lista está encabezada por Eloi Devesa (veciño de Lucí), quen asume a responsabilidade logo da renuncia de Patricia Castelao por motivos persoais. 


A decisión foi tomada por unanimidade da Asemblea Local e con ampla participación da militancia. No lugar, Devesa agradeceu a todas e todos o apoio recibido e a confianza amosada e afirmou sentirse moi orgulloso de pertencer á organización. Ademais, dedicou unhas palabras de agradecemento e os mellores desexos para a anterior candidata.
Devesa indicou estar seguro de que o BNG de Teo estará á altura do momento porque conta con “un equipo unido, forte, comprometido, capaz de afrontar as vicisitudes con naturalidade, con ganas de avanzar e ilusións para traballar”. Engadiu tamén que o proxecto segue adiante e a Asemblea continúa traballando con total normalidade, realizando o calendario previsto e as actividades programadas. 


Nos seguintes postos da lista atópanse os seguintes veciños e veciñas:
    • 2 Noelia Castaño: Reis
    • 3 Oscar Antón Pérez: Cahceiras
    • 4 Almudena Taboada: Vilar
    • 5 Marcelino Rey: Os Tilos
    • 6 Daria Segade. Calo
    • 7 Irene Tato: Rarís


Proximamente anunciaremos os restantes membros da candidatura.

O primeiro tramo da candidatura estará encabezada por Eloi Devesa