Aprobada a moción do BNG rexeitando a suba da luz
Pedimos ao Goberno Municipal que mobilice todos os recursos posíbeis para impedir o vertedoiro na Casalonga
O BNG defendeu no pleno de onte unha moción contra a suba da luz na que rexeitamos esta política enerxética por contribuír ao incremento da factura eléctrica dunha parte importante das e dos consumidores domésticos e de sectores vulnerábeis, singularmente, así mesmo pedimos que se reduzan os impostos que gravan o consumo de enerxía eléctrica, nomeadamente a redución do tipo aplicado no imposto de valor engadido até o 4% xa que a electricidade é, hoxe en día un ben de primeira necesidade. Tamén solicitamos que se beneficie aos territorios de produción de enerxía eléctrica compensando o forte impacto ambiental e social derivado da súa produción a través dun abaratamento dos prezos e modificar a Lei 24/2013, do sector eléctrico, de maneira que o prezo da electricidade se estipule en función dos custos de xeración de cada tecnoloxía. Foi aprobada coa abstención do PSOE.
Votamos a favor dunha moción do grupo de Son de Teo para a promoción do acollemento familiar e para mellorar as condicións das familias que acollen. Así mesmo votamos a favor da moción do grupo socialista para reafirmar o compromiso do pleno do Concello de Teo no rexeitamento ao vertedoiro na canteira da Casalonga.
Fixemos os rogos e preguntas:
- Cando se fixo o re ordenamento do tráfico no Tilos, quedaron sinais que agora dirixen a unha dirección prohibida cando se accede dende a rotonda de Montouto.
- Quero preguntar se a parcela do Horlalexo de Solláns foi cedida ao Concello. E se é así que se vai facer con ela?
- Os veciños da Urbanización que hai na Travesía da Cacheiras. En fronte do Tanatorio. Quéixanse de que hai varios coches (ata cinco) abandonados dende hai moito tempo na parte traseira da urbanización. Están moi deteriorados e piden que se retiren.
- Os veciños da Urbanización de detrás do Tanatorio de Cacheiras, precisamente, reclaman un contedor de papel que foi retirado hai máis de dous meses e semella que xa houbo tempo de xestionar outro. Hai previsión de cando se instalará.
- Hai dous plenos tamén indiquei que na casa que está pegada á gasolineira da Ramallosa había un cadro eléctrico no chan e que os vehículos que saen da estación de servizo fano de xeito perigoso atravesando por diante da cancela da casa para cortar a rotonda. Tomouse algunha decisión sobre estes particulares?
- En Cornide, aponte por riba da autoestrada non ten varanda e pódese caer por alí abaixo, é moi perigoso.
- Hoxe mesmo aprobouse na Deputación a variante de Cacheiras. Coa abstención do PP, por certo. Agardamos que agora si se fagan os pasos de peóns necesarios nesa vía. Na altura da rotonda de Cacheiras e máis na altura de Augas Mansas que a rapazada que vai para o instituto ten que pasar por alí e é moi perigoso. Tamén lembro que os vehículos adoitan pasar con exceso de velocidade por esa zona na que hai tamén un parque infantil. E de paso xa suxiro que a contorna da Urbanización se límite a 30Km/h.
- En Mouromorto, hai que limpar as herbas que medran entre o pavimento e a beirarrúa.
- A zona de Luou, que xa pedimos que se arranxara vaias veces. Este mes volveuse a anegar nos días aqueles que choveu arreo. Imos darlle unha solución este ano? Penso que é preciso e a veciñanza ten dereito a estar enfadada. Levan así xa anos.
- A empresa que está instalando a fibra na zona da Ramallosa esta semana abriu zanxas e non avisou aos veciños para que sacaran os coches. Pido que se lles lembre que así non se fan as cousas. A veciñanza non pode estar a dispor destas empresas. Xa de paso podíase aproveitar para soterrar algún múltiples cabos de fornecedores de servizos coma a luz e a telefonía, non sei se foi contemplada esa posibilidade. Tamén recibimos queixas sobre o mal estado no que se deixan as obras unha vez rematada a instalación. Solicitamos que se lle demande as empresas máis coidado na execución das mesmas.
- Postes da Luz ou do teléfono metidos nas gabias por onde ten que escorrentar a auga. Non se pode controlar que as empresas fagan as cousas como é debido?
- Un veciño de Bustelo solicita que se arranxe un camiño rural polo que accede ao seu domicilio el e máis os veciños colindantes. Demandou o arranxo do camiño e mesmo se lle indicou que se faría con aglomerado mais nunca se fixo tamén indica que dirixiu un escrito ao Concello que non foi contestado e que procederei a enviarlle á Concelleira de Urbanismo para que revise o tema. Grazas.
- Os usuarios e usuarias do campo de fútbol de Recesende piden que se arranxe e que se corte/limpen as herbas.