Solicitamos información sobre o custe e o uso da plataforma dixital de participación veciñal "Somos Teo"

Solicitamos información sobre o custe e o uso da plataforma dixital de participación veciñal "Somos Teo"

O Grupo Municipal do BNG solicitou ao Alcalde información sobre o custe económico e o uso que se está facendo da plataforma dixital de participación veciñal "Somos Teo" que leva dende o 18 de marzo de 2018, tres anos xa, sen actividade.

A plataforma foi presentada no ano 2017 como "unha ferramenta de interacción directa coa cidadanía. Nesta nova ferramenta web poderanse achegar opinións e consultas pero tamén se tomarán decisións sobre debates presentados dende as diferentes concellarías". Por tanto, foi abandonada con apenas un ano de uso e tan só catro temas postos a debate e opinión da cidadanía.

A xestión desta plataforma, como se demostra, é moi deficiente e o resultado é que este recurso de comunicación coa veciñanza non acada o rendemento agardado. Máis unha pequena mostra da ineficacia da Concellería de Educación, Cultura e Participación veciñal.

Solicitamos información sobre o custe e o uso da plataforma dixital de participación veciñal "Somos Teo"