RESPONDEMOS ÁS DEMANDAS DA VECIÑANZA DE LAMPAI E LUOU

O BNG de Teo defenderá no Pleno de decembro dous rogos.

O BNG de Teo defenderá no Pleno de decembro dous rogos.

O BNG de Teo defenderá no Pleno do mes de decembro dous rogos.

Un deles responde ás demandas dos veciños e das veciñas da parroquia de Lampai. Estes explican que a estrada da Deputación DP-6502 que atravesa a parroquia de Lampai e vai cara Pazos precisa ser ancheada. Ao mesmo tempo, carece de paso de peóns e o estado de mantemento é precario e perigoso. Polo exposto, instamos ao alcalde a que esixa á Deputación da Coruña as obras necesarias para o correcto acondicionamento desta estrada e facilitar así a circulación coa máxima seguridade que precisan os vehículos a motor, vehículos sen motor e peóns.

 

O seguinte rogo responde ás demandas da veciñanza da parroquia de Luou. A estrada DP-0205 no tramo de máis de tres kilómetros comprendido entre o PK 7,850 (Lugar de Cornide, Calo) e o PK 11.200 (O Aido , Luou) atópase nun estado de lamentable abandono en canto a seguridade viaria. Cómpre salientar que no lugar da Igrexa de Luou hai unha Asociación Cultural, A Mámoa, con gran afluencia de socios e socias, moitos deles menores de idade. Estes vense obrigados a circular pola estrada que carece de paso de peóns e bandas redutoras de velocidade. Ante isto, e para dar solución transitoria a esta grave situación de perigosidade viaria, instamos ao alcalde de Teo a xestionar os procedementos oportunos, tanto a nivel municipal, como na Deputación, para instalar dúas bandas redutoras de velocidade situándoas antes e despois do edificio da Asociación A Mámoa.

O BNG de Teo defenderá no Pleno de decembro dous rogos.