O BNG LEVARA AO PARLAMENTO A NEGATIVA DA XUNTA A ASUMIR A XESTIÓN DO COMEDOR E O PREXUÍZO QUE CAUSA ESA DECISIÓN ÁS FAMILIAS

Iria Carreira, Deputada do BNG, mantén un encontro con representantes da ANPA dos Tilos

IMG_3567
O Portavoz Municipal, Manuel Barreiro, pide “responsabilidade e vontade de acordo a ambas administracións. Falamos de menores de 12 anos e de familias obrigadas a un esforzo económico e vital extraordinario nun contexto de pandemia”. Así mesmo, cualificou de “irresponsabilidade a posición da Xunta de Galiza e do Partido Popular de Teo” e insta “á concelleira do PSOE, Mayte Argibay, a recuperar o tempo perdido dende o 27 de agosto, cando foi informada desta situación”.  
Iria Carreira, Deputada do BNG, mantén un encontro con representantes da ANPA dos Tilos

Iria Carreira, Deputada do Grupo Parlamentar do BNG, e Manuel Barreiro, Portavoz Municipal, mantiveron no día de hoxe un encontro cunha representación da directiva da ANPA do colexio dos Tilos.

Na reunión as representantes das nais e pais transmitiron a súa preocupación pola negativa da Xunta de Galiza a asumir a xestión do comedor e a incapacidade do Concello para poñer en marcha unha solución transitoria e exixir con contundencia e por todos os medios posíbeis á Consellería que asuma as súas responsabilidades.

Non se entende que o Goberno Galego dea as costas ás familias que se senten abandonadas e discriminadas, xa que logo, a Xunta si xestiona o servizo de comedor nos outros dous centros escolares teenses, en Calo e A Ramallosa. As familias están sendo empuxadas a unha situación límite, obrigadas a contratar servizos de conciliación privados cun alto custe económico ou a modificar a xornada laboral para poder conciliar, e mesmo hai casos nos que ningunha destas solucións é posíbel o que aumenta aínda máis a fenda económica e social nun contexto de crise coma a actual.

O Portavoz Municipal, Manuel Barreiro, pide “responsabilidade e vontade de acordo a ambas administracións. Falamos de menores de 12 anos e de familias obrigadas a un esforzo económico e vital extraordinario nun contexto de pandemia”. Así mesmo, cualificou de “irresponsabilidade a posición da Xunta de Galiza e do Partido Popular de Teo” e insta “á concelleira do PSOE, Mayte Argibay, a recuperar o tempo perdido dende o 27 de agosto, cando foi informada desta situación”.  

O BNG considera que é preciso solucionar este tema con rapidez e urxe a que o Concello asuma de xeito inmediato e temporal o servizo neste curso e que se traballe para que a Xunta o asuma nos vindeiros.

Iria Carreira, Deputada do BNG, mantén un encontro con representantes da ANPA dos Tilos