Reclamamos ao Concello un posicionamento en referencia á estación de servizo da Ramallosa
O portavoz municipal do BNG preguntou ao alcalde polas obras de construción dunha gasolineira nun lugar que se atopa moi próximo ao río Tella e a escasos metros do CEIP da Ramallosa.
Conseguimos que se modifique o Imposto de vehículos de tracción mecánica para bonificar aos menos contaminantes
Conseguimos que o goberno municipal aplique o acordado coa moción do BNG en xaneiro de 2017 e que modifique a ordenanza do Imposto de circulación para bonificar aos vehículos máis eficientes e menos contaminantes.
O Bloque demándalle ao goberno municipal a posta en marcha dun Plan de seguridade viaria
Organizamos outra andaina para reclamar un Plan de Seguridade Viaria e Humanización.
Preocupación na veciñanza pola construción dunha gasolineira ao carón do CEIP da Ramallosa
Veciñas e veciños de Teo, amosan a súa preocupación polas obras que están en marcha ao carón do CEIP para construír unha gasolineira.
O BNG pregunta no Parlamento sobre a actuación da Consellería de Sanidade diante do brote de tuberculose no IES de Cacheiras
O SERGAS e a ANPA confirmaron que estaban diante do brote máis grande nun centro de ensino desde o ano 2000.
Rexistramos unha moción en pro da Devolución do Pazo de Meirás
Rexistramos no Concello unha moción relativa á devolución do Pazo de Meirás e para denunciar o apoio a fundacións que fan apoloxía do fascismo.
O BNG traballando polos veciños e veciñas. O PP desmantelando e recortando
Os concelleiros e concelleiras do PP amosan unha absoluta ignorancia non só a respecto da política local senon tamén dos dereitos das veciñas e veciñas.
O Portavoz municipal do BNG achegouse á Urbanización Os Tilos para coñecer as demandas dos veciños
Manuel Anxo Fernández Baz achegouse ata a urbanización Os Tilos. percorreuna acompañado por veciños e veciñas para atender as demandas e suxestións dos habitantes do lugar.
Homenaxe a Ánxel Casal e ás vítimas da represión franquista
Na homenaxe participan todas as forzas políticas con representación no concello agas o PP, que aínda hoxe non condeou nunca a ditadura. #nuncaesquecer #facerPaís