Acto de homenaxe á Revolución Galega de 1846 no monumento da Batalla de Cacheiras

Nun acto sinxelo os representantes do grupo municipal, Carme Diéguez e Manuel Barreiro, acompañados dun reducido grupo de militantes do BNG reuníronse no monumento conmemorativo da Fundación O Grelo‐Amigos de Galicia, para lembrar ás persoas que pagaron coa vida ter situado a Galiza na vangarda revolucionaria de Europa.
Acto de homenaxe á Revolución Galega de 1846 no monumento da Batalla de Cacheiras

O BNG fixo a ofrenda floral do tradicional acto de homenaxe á Revolución Galega de 1846 no monumento da Batalla de Cacheiras.

Este ano, por mor da Covid, decidiuse reducir o acto só á ofrenda floral en lembranza dos mártires daquela revolución que pagaron coa vida ó situar a Galiza na vangarda revolucionaria, non só da península ibérica, senón tamén de Europa, reclamando os nosos dereitos como pobo e defendendo o dereito das persoas a vivir dignamente.

Nun acto sinxelo os representantes do grupo municipal, Carme Diéguez e Manuel Barreiro, acompañados dun reducido grupo de militantes do BNG reuníronse no monumento conmemorativo da Fundación O Grelo‐Amigos de Galicia, para lembrar ás persoas que pagaron coa vida a súa reclamación do noso dereito a vivir dignamente e o recoñecemento do noso pobo como entidade colectiva claramente diferenciada, situando a Galiza na vangarda revolucionaria de Europa. Aquelas razóns seguen moi vixentes hoxe, máis de 170 anos despois e seguen sendo as demandas fundamentais do nacionalismo galego, as demandas do BNG, o recoñecemento dos nosos dereitos, incluído o da autodeterminación, e o da débeda histórica cun pobo que forma unha entidade colectiva claramente diferenciada que sofre as consecuencias de ser a periferia da periferia nun sistema económico inxusto.

 

Acto de homenaxe á Revolución Galega de 1846 no monumento da Batalla de Cacheiras