O  BNG CUALIFICA COMO “NEFASTA” A XESTIÓN DA CONCELLEIRA MAYTE ARGIBAY 

Pedimos no pleno á unha solución urxente para Os Tilos e que Xunta e Concello deixen de xogar coas familias

A concelleira foi incapaz de respostar as preguntas do BNG
Pedimos no pleno á unha solución urxente para Os Tilos e que Xunta e Concello deixen de xogar coas familias

O portavoz municipal do BNG, Manuel Barreiro, acusou na súa intervención ao goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza de discriminar a Teo de xeito continuado e de “deixación de funcións” pola negativa a asumir as competencias que ten en materia educativa e pregúntouse “cal é o fin último desta decisión?” e continuou sinalando que “ter un colexio en Teo sen comedor a estas alturas de ano é máis aínda nun ano coma este, coas familias ao límite mental e económico é unha vergoña”. Así mesmo cualificou a xestión da Concelleira de Educación e Cultura deste Goberno Municipal, de “desastrosa, tanto en Educación coma en Cultura”, sinalando que en seis meses non fixo absolutamente nada e que agora a solución é urxente.

O portavoz nacionalista sinalou a incapacidade de ambas administracións, que están inmersas “nunha desafortunada lea na que teñen de reféns a unhas familias atrapadas entre deixación duns e na incapacidade resolutiva doutros”. Barreiro, considera moi grave que a Concelleira Argibay xogue coas familias e que “se lles diga un día que si e outro que non” e preguntou á concelleira “por que se compromete en repetidas ocasións, a derradeira o mércores pasado, a asumilo para negarse a si mesma ao día seguinte?”. Tamén lle recriminou á Concelleira o uso político que está facendo deste tema e que pida unidade de acción pero non a practique, presentando unha moción de parte na que non quixo incluír á oposición. A concelleira Argibay foi incapaz de dar unha soa resposta a nada do que se lle preguntou. 

Finalmente o portavoz do Bloque pediu “que este goberno municipal faga o posíbel para aliviar a carga que supón este problema para as familias e asuma temporalmente o comedor, polo menos até final deste curso”.

Por outra banda, o Grupo Municipal do BNG permitiu coa súa abstención a aprobación dos orzamentos. Na súa intervención o portavoz do Bloque pediu que se explicaran algunhas partidas, nomeadamente as de ingresos previstos. Os nacionalistas valoran positivamente o diálogo e a vontade de negociación mantida polo Bloque e polo Goberno Municipal, o que sinalou como a senda a seguir para rematar poñendo en valor os avances en seguridade viaria, un tema recorrente por parte do BNG porque é unha demanda social.

O BNG presentou tres mocións para o seu debate.

  • A primeira en apoio do persoal da UCI do CHUS en folga dende novembro para reclamar que a xerencia cumpra os acordos e as medidas de protección anti Covid do persoal e os doentes. Foi aprobada coa abstención do Partido Popular.
  • A segunda pide instar ao Goberno de do estado de PSOE e Podemos que cumpran o acordo de investidura asinado no que se comprometían a bonificar e iniciar o proceso de traspaso da AP9. Foi aprobada por unanimidade.
  • A terceira en apoio as reclamacións do feminismo galego auto organizado a prol de colocar no centro do debate público as consecuencias da pandemia para as mulleres,  e os seus dereitos, co gallo deste 8M. Foi aprobada por unanimidade.

O BNG votou favorabelmente na moción presentada polo grupo Son de Teo pola liberdade de expresión, pola liberdade ideolóxica e artística e na moción de apoio á petición da ANPA COBAS do CEIP Os Tilos na que se solicita á Xunta de Galiza que asuma a xestión do comedor escolar.

Pedimos no pleno á unha solución urxente para Os Tilos e que Xunta e Concello deixen de xogar coas familias