Rexistramos no Parlamento de Galiza unha PNL instando á Xunta a asumir o comedor dos Tilos
O BNG rexistrou esta mañá no Parlamento de Galiza varias iniciativas, unha Proposición Non de Lei na que:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a asumir a xestión do comedor escolar do CEIP Os Tilos de Teo á maior brevidade posible, prestando este servizo básico para o benestar do alumnado e parte importante da conciliación familiar.”
E unha pregunta para ser respondida por escrito:
- É consciente o goberno galego da situación pola que están atravesando as familias do alumnado do comedor escolar do CEIP Os Tilos de Teo?
- Cal é a razón pola que o goberno galego non ten iniciado os trámites para asumir xestión do comedor escolar do CEIP?
- Que medidas ten contempladas para que este servizo continúe a funcionar neste centro?