RESUMO DO BNG DE TEO SOBRE O PLENO DE XANEIRO

Pleno Municipal do 25 de xaneiro de 2023

- Mellora Accesibilidade   - Axudas á produción ecolóxica   - ILP Salvar e Fortalecer a Atención Primaria      - Manifestación 12 Febreiro en Compostela   

- Tribaldes                        - Carballal                                     - LG/Bustelo   - Rúa da Fonte

Pleno Municipal do 25 de xaneiro de 2023

O mércores día 25 de xaneiro de 2023 tivo lugar o Pleno Municipal do concello de Teo.

Dende o BNG presentamos 3 mocións de urxencia para debater.

A primeira delas foi relativa á mellora da accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG na zona sur da ATM de Santiago. A moción foi aprobada e contou co apoio de todos os partidos.

A segunda moción presentada foi relativa á dotación de fondos da Xunta de Galiza en relación coas axudas á produción ecolóxica que cumpran co requisito da convocatoria para a campaña do 2022 e para o período 2023-2027 dentro do apartado de desenvolvemento rural da PAC. O PSdG-PSOE e Son de Teo apoiaron a moción, mentres que o PP se abstivo, saíndo a moción aprobada.

Finalmente, presentamos unha moción en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria e á Manifestación do Día 12 de febreiro en Santiago en Defensa da Sanidade Pública. O PP de Teo non apoiou esta moción, mentres que Son de Teo e PSdG-PSOE si.

Alén disto, tamén levamos ao Pleno Municipal inquedanzas da veciñanza de Teo. Entre algunhas das preocupacións están os cortes de luz e subidas de tensión na aldea de Tribaldes; a solicitude de bandas redutoras de velocidade no lugar do Carballal para unha maior seguridade viaria; ou o asfaltado na rúa da Fonte e no lugar de Bustelo.

- Link ao pleno: https://www.youtube.com/watch?v=JhJIt7WKaqo&ab_channel=ConcellodeTeo

A orde do día ten os seguinte puntos:

  1. Aprobación das actas das sesións ordinarias do 25/05/2022, 29/06/2022, 27/07/2022 e extraordinaria do 09/09/2022.
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 1693/22 á Res 1722/22, e da Res 01/23 á Res 65/23).
  3. Mocións.
  4. Rogos e preguntas.
Pleno Municipal do 25 de xaneiro de 2023