ESTA MOCIÓN LEVOU Á PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS AO PROXECTO DAS MARQUESIÑAS

O Concello oculta a moción do bng de Teo

O Concello oculta a moción do bng de Teo

O BNG de Teo denuncia que o concello oculta a moción do BNG que levou á presentación de alegacións ao proxecto das marquesiñas.

O concello de Teo ven de emitir un comunicado onde afirma que presentou alegacións en relación co proxecto "Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús na RAEG na zona su ATM de Santiago" e que o documento "recolle o espíritu da proposta aprobada no pleno celebrado o 9 de febreiro no que se pedía que a Xunta revise a localización daquelas paradas que teñen unha localización complexa"

Lamentablemente o concello obvia que as alegacións preséntanse a raíz dunha moción do BNG que foi aprobada por unanimidade no pleno de xaneiro.

Na mencionada moción o BNG instou ao Concello a que realice os informes técnicos e presente as alegacións oportunas para resolver as intervencións controvertidas coa participación das persoas afectadas; que realicen as xestións precisas para habilitar estacionamentos próximos; e que axilicen todo o posible estes trámites tendo en conta que o prazo de alegacións é de 30 días hábiles a partir do día seguinte da publicación do anuncio, que foi o 02/01/2023.  

Desde o BNG congratulámonos de que se execute a decisión tomada pola corporación municipal, pero lamentamos o afán por ocultar aos veciños e veciñas as iniciativas realizadas polo noso grupo municipal.


https://www.teo.gal/gl/actualidade/2023/presentanse-alegacions-ao-proxecto-das-marquesinas-na-ac-841

O Concello oculta a moción do bng de Teo