BNG Teo Municipais 2023 - Resumo do acto en Calo o 25/05/2023
BNG Teo Municipais 2023 - Resumo do acto en Calo o 25/05/2023
Intervencións de:
Noelia Castaño (nº2 da candidatura)
Daría Segade (nº6 da candidatura e veciña de Calo)
Guillerme Vázquez (voceiro nacional do BNG 2009/2012)
Eloi Devesa (candidato á alcaldía)
Coa música e a voz de Iria Rei
O BNG de Teo celebra o 25 de maio un acto aberto á veciñanza en Calo
O BNG de Teo celebra o 25 de maio un acto público aberto á veciñanza no restaurante San Martiño de Calo
O candidato á alcaldía, Eloi Devesa, intervirá na xuntanza acompañado de Guillerme Vázquez, exportavoz nacional do BNG, e Noelia Castaño, a número 2 na candidatura
Video BNG de Teo Municipais 2023
O BNG de Teo presenta un programa para cada parroquia do Concello
Nota de Prensa 16-05-23
O BNG de Teo presenta un programa para cada parroquia do Concello
O BNG de Teo presenta a candidatura para as eleccións municipais nun acto ateigado de xente
Teo, 1 de abril de 2023.- O BNG de Teo celebra o acto de presentación da candidatura para as eleccións municipais de maio de 2023. O evento tivo lugar este venres 31 de marzo no restaurante Pórtico de Cacheiras, nunha sala ateigada de xente e ilusión.
O evento comezou cunha interpretación do gaiteiro Serxio Núñez, seguido da intervención da candidata número 2 en Teo, Noelia Castaño, quen tratou a situación actual do Concello e as necesidades que presenta. A continuación foi a quenda da deputada no Parlamento, Iria Carreira, quen falou sobre as melloras precisas no ámbito sanitario en Teo. Deseguido, o deputado no Congreso, Néstor Rego, fixo fincapé na importancia de, “concello a concello, traballar por un país máis xusto e mellor para todas e todos”. Finalmente, para dar paso á intervención do candidato á Alcaldía, Eloi Devesa, fixo unha breve presentación sobre este, e entre outros aspectos, sinalou a súa tradición familiar pola política, indicando que “o seu bisavó xa foi concelleiro na Segunda República no Concello de Teo”.
Xa para rematar, tivo lugar a quenda de Devesa, quen presentou a candidatura para as eleccións municipais de maio e indicou sentirse “moi orgulloso de encabezala”. Ademais, fixo fincapé en que se trata dunha “candidatura formada por veciños e veciñas que coñecen moi ben os potenciais e as problemáticas de Teo”. Alén disto, posicionouse claramente e indicou que dende o BNG de Teo rexeitan “plantas de residuos, eólicos sobre o noso patrimonio e os nosos fogares, e pirotecnias no medio das aldeas”.
Devesa tamén sinalou que o BNG presenta unha candidatura que aposta pola humanización do espazo público, que ofrece servizos públicos de calidade á veciñanza, que apoia a creación de emprego e do polígono industrial, que fomenta o asociacionismo, que atende á mocidade e á terceira idade, e que respecta o medio ambiente de Teo.
Acto de presentación da candidatura do bng de Teo
O próximo día 31 verémonos, e daremos #Unpasoadiante. Xa verás.
O bng de teo convida a toda a veciñanza, militancia e simpatizantes a asistir ao acto de presentación da candidatura para as eleccións municipais do 28 de maio de 2023 que terá lugar no Restauante Pórtico (Cacheiras) o próximo venres 31 de marzo ás 20:00h.
Intervirán:
- Noelia Castaño, nº2 da candidatura
- Iria Carreira, deputada no parlamento galego
- Néstor Rego, deputado no Congreso
- Eloi Devesa, candidato á alcaldia
Agardamos a vosa presenza !