Do goberno municipal de Teo depende a incompatiblidade urbanística da planta de xestión de residuos
O BNG destaca que a lei di que é o Concello o que ten a responsabilidade de dar o primeiro paso
O BNG destaca que a lei di que é o Concello o que ten a responsabilidade de dar o primeiro paso
Solicítamoslle á Xunta que se posicione diante deste proxecto que xenera enorme preocupación veciñal
Apoiamos a creación dunha plataforma veciñal como reacción ao anuncio do goberno municipal
O Plan reflicte as principais problemáticas de Teo en materia de seguridade viaria e de mobilidade Desde o BNG temos claro que é necesario avanzar nesa dirección e amosamos a nosa disposición para lograr o obxectivo de rematar coa inseguridade viaria e humanizar Teo. Mais tamén desde o BNG reclamámolle ao goberno municipal que poña en marcha todos os mecanismos dispoñíbeis para lograr os recursos necesarios para conseguir executar as moitas e importantes actuacións previstas.
Case o 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo, sendo especialmente preocupante a situación das mulleres xa que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos está por baixo do limiar da pobreza. Ademais, moitas familias teñen nas pensións a súa única fonte de ingresos.
O portavoz do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, a través dunha moción de urxencia que defenderá no pleno do vindeiro 4 de abril, insta á Xunta de Galiza a que esixa do Goberno do Estado que repoña o firme
Denunciamos a decisión do goberno municipal de Marea-Psoe de Teo de externalizar a participación veciñal ao contratar unha empresa para poñer en marcha os órganos de participación cidadá, xenerando un gasto superfluo cando ben o pode facer o goberno local.
O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz reuneuse en Pontevea con veciños e con representantes de asociacións para coñecer de primeira man as preocupacións e demandas da veciñanza. Na reunión transmitíronlle a súa disconformidade cos tres quilómetros de continuación da AG-59 que converterán o cruce das estradas AC-841 e AC-241 nun funil
Realizamos un acto simbólico para reclamar un acceso e unha saída da AP9 en Teo e que a empresa concesionaria pague a totalidade do IBI, que significaría un importante ingreso que repercutiría directamente nos veciños e veciñas.
O concelleiro do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz apoia a reclamación veciñal de medidas de seguridade viaria na localidade e promove unha proposición non de lei no Parlamento de Galiza na que se insta á Xunta a reconsiderar a decisión de rematar a autovía en Xermeade, con toda a problemática que vai supor na intersección coa AC-841, e ampliar a prolongación até o termo municipal da Estrada.