O BNG de Teo reclama a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga
O BNG de Teo reclama a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga e acusa á Alcaldesa de bloquear, por dúas veces, a súa moción
Teo, 23 de novembro de 2023.- O BNG de Teo presentou unha moción no pleno municipal na que se solicita a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga, un espazo natural que se atopa ameazado polo vertido de residuos.
A iniciativa do BNG responde ás demandas da veciñanza, que leva anos reclamando unha solución para a canteira e, ademais, a declaración de humidal permitiría protexer a biodiversidade xerada na lagoa.