Novas
Portada do video sobre Altri

O PP de Teo a favor de Altri

No Pleno Municipal de Teo do 25 de abril de 2024, aprobouse unha moción en contra do proxecto de Altri en Palas de Rei, rexeitada polo PP, que defendeu a iniciativa como beneficiosa para a comarca. Tamén se correxiu un erro orzamentario que cambiou a fundación Foltra por Agadea para actividades de estimulación do alzheimer, e o BNG plantexou diversas necesidades de mellora no municipio, como a reubicación de contedores e a seguridade nas estradas tras a retirada de lombas.
Ler novas

O BNG DENUNCIA FALSIDADES

O BNG DENUNCIA FALSIDADES NAS DECLARACIÓNS DA ALCALDESA DE TEO RECOLLIDAS NA PRENSA E SOLICITARÁ EXPLICACIÓNS

Mantén que o Partido Popular vén votando en contra de xeito reiterado ás emendas presentadas aos orzamentos da Xunta de Galiza para incluír un Centro de Día en Teo

O BNG de Teo denuncia as declaracións que aparecen hoxe (10/11/23) recollidas no diario La Voz de Galicia nas que a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, nega que o BNG tivese solicitado á Xunta de Galiza a construción dun centro de día neste concello. 

Ler novas

Acto de presentación da candidatura do bng de Teo

O próximo día 31 verémonos, e daremos #Unpasoadiante. Xa verás.

O bng de teo convida a toda a veciñanza, militancia e simpatizantes a asistir ao acto de presentación da candidatura para as eleccións municipais do  28 de maio de 2023 que terá lugar no Restauante Pórtico (Cacheiras) o próximo venres 31 de marzo ás 20:00h.

Intervirán:

- Noelia Castaño, nº2 da candidatura

- Iria Carreira, deputada no parlamento galego

- Néstor Rego, deputado no Congreso

- Eloi Devesa, candidato á alcaldia

Agardamos a vosa presenza !

Ler novas