BNG de Teo
Novas
Portada do video sobre Altri

O PP de Teo a favor de Altri

No Pleno Municipal de Teo do 25 de abril de 2024, aprobouse unha moción en contra do proxecto de Altri en Palas de Rei, rexeitada polo PP, que defendeu a iniciativa como beneficiosa para a comarca. Tamén se correxiu un erro orzamentario que cambiou a fundación Foltra por Agadea para actividades de estimulación do alzheimer, e o BNG plantexou diversas necesidades de mellora no municipio, como a reubicación de contedores e a seguridade nas estradas tras a retirada de lombas.
Ler novas
Notas de prensa

O PP de Teo vota en contra de máis contidos en galego para a infancia e a xuventude

O PP de Teo vota en contra de máis contidos en galego para a infancia e a xuventude

Teo, 23 de novembro de 2023.- O BNG de Teo presentou no Pleno Municipal de novembro unha moción para reclamar o cumprimento da Iniciativa Xabarín, unha proposta cidadá que demanda máis espazo para o galego nas canles públicas de televisión, tanto autonómicas como estatais. A iniciativa, que conta co apoio de máis de 33.000 persoas e foi aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, pretende garantir o dereito das nenas e dos nenos a acceder a contidos audiovisuais de calidade na súa lingua propia.

Ler novas
Notas de prensa

O BNG de Teo reclama a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga

O BNG de Teo reclama a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga e acusa á Alcaldesa de bloquear, por dúas veces, a súa moción

 

Teo, 23 de novembro de 2023.- O BNG de Teo presentou unha moción no pleno municipal na que se solicita a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga, un espazo natural que se atopa ameazado polo vertido de residuos.

A iniciativa do BNG responde ás demandas da veciñanza, que leva anos reclamando unha solución para a canteira e, ademais, a declaración de humidal permitiría protexer a biodiversidade xerada na lagoa.

Ler novas
Novas

O BNG DENUNCIA FALSIDADES

O BNG DENUNCIA FALSIDADES NAS DECLARACIÓNS DA ALCALDESA DE TEO RECOLLIDAS NA PRENSA E SOLICITARÁ EXPLICACIÓNS

Mantén que o Partido Popular vén votando en contra de xeito reiterado ás emendas presentadas aos orzamentos da Xunta de Galiza para incluír un Centro de Día en Teo

O BNG de Teo denuncia as declaracións que aparecen hoxe (10/11/23) recollidas no diario La Voz de Galicia nas que a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, nega que o BNG tivese solicitado á Xunta de Galiza a construción dun centro de día neste concello. 

Ler novas
Notas de prensa

O BNG de Teo reuniuse coa veciñanza de Calo

O BNG de Teo reuniuse coa veciñanza de Calo para dar a coñecer as súas propostas sobre a Canteira da Casalonga

 

Teo, 9 de novembro de 2023.- O BNG de Teo reuniuse coa veciñanza de Calo para dar a coñecer as súas propostas sobre a Canteira da Casalonga

 

O Portavoz municipal do BNG, Eloi Devesa, afirmou na reunión que "a proposta nacionalista pasa pola recuperación medioambiental da canteira e a creación dun gran parque para a educación ambiental".

Na moción que defenderá o BNG o próximo pleno municipal, solicitarase á alcaldesa de Teo que realice as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia para a súa inclusión no rexistro de humidais de Galiza e que elabore un plan de recuperación da canteira que contemple a súa conversión nun parque para a educación ambiental e o lecer.

Ler novas