#notaPrensa
Notas de prensa

O PP de Teo vota en contra de máis contidos en galego para a infancia e a xuventude

O PP de Teo vota en contra de máis contidos en galego para a infancia e a xuventude

Teo, 23 de novembro de 2023.- O BNG de Teo presentou no Pleno Municipal de novembro unha moción para reclamar o cumprimento da Iniciativa Xabarín, unha proposta cidadá que demanda máis espazo para o galego nas canles públicas de televisión, tanto autonómicas como estatais. A iniciativa, que conta co apoio de máis de 33.000 persoas e foi aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, pretende garantir o dereito das nenas e dos nenos a acceder a contidos audiovisuais de calidade na súa lingua propia.

Ler novas
Notas de prensa

O BNG de Teo reclama a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga

O BNG de Teo reclama a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga e acusa á Alcaldesa de bloquear, por dúas veces, a súa moción

 

Teo, 23 de novembro de 2023.- O BNG de Teo presentou unha moción no pleno municipal na que se solicita a declaración de humidal da lagoa da canteira da Casalonga, un espazo natural que se atopa ameazado polo vertido de residuos.

A iniciativa do BNG responde ás demandas da veciñanza, que leva anos reclamando unha solución para a canteira e, ademais, a declaración de humidal permitiría protexer a biodiversidade xerada na lagoa.

Ler novas
Notas de prensa

O BNG de Teo reuniuse coa veciñanza de Calo

O BNG de Teo reuniuse coa veciñanza de Calo para dar a coñecer as súas propostas sobre a Canteira da Casalonga

 

Teo, 9 de novembro de 2023.- O BNG de Teo reuniuse coa veciñanza de Calo para dar a coñecer as súas propostas sobre a Canteira da Casalonga

 

O Portavoz municipal do BNG, Eloi Devesa, afirmou na reunión que "a proposta nacionalista pasa pola recuperación medioambiental da canteira e a creación dun gran parque para a educación ambiental".

Na moción que defenderá o BNG o próximo pleno municipal, solicitarase á alcaldesa de Teo que realice as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia para a súa inclusión no rexistro de humidais de Galiza e que elabore un plan de recuperación da canteira que contemple a súa conversión nun parque para a educación ambiental e o lecer.

Ler novas
Notas de prensa

O PP vota en contra da moción do BNG para a construción dun centro de día.

PP vota en contra da moción do BNG para a construción dun centro de día.

 

O Partido Popular presenta outra moción de urxencia para evitar calquera compromiso por parte da Xunta.

 

Teo, 26 de outubro de 2023.- O Partido Popular (PP) volveu a demostrar o seu desinterese pola atención pública e de calidade ás persoas maiores no concello de Teo ao votar en contra da moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) para que a Xunta se comprometera a construír un centro de día público na localidade e concretara orzamentos e prazos.

Ler novas
Notas de prensa

O BNG presenta diversos rogos sobre temas de interese para a veciñanza de Teo

Rogos e emenda:

- Emenda de engádega ao punto 7. da orde do día do pleno do 27-09-23

- Arranxo da estrada de Augas Mansas a Lamas   - Retirada do poste situado na estrada que une os Verxeis ata Oza

- Mellora do alumeado nas urbanizacións de Montouto   - Denuncia do incumprimento da ordenanza municipal de normalización lingüística

- Regulación dos pisos turísticos   - reparación do parque infantil de Raxó e A Torre   - A iniciativa da veciñanza de Carballal

Ler novas